Wednesday 15 de May de 2024

Ordes acolle esta fin de semana o VII Torneo Luso-Galaico de hóckey sobre patíns


Esta vindeira fin de semana, 2 e 3 e xuño, terá lugar no pavillón Castelao I de Ordes o VII Torneo Luso-Galaico de hóckey sobre patíns. Na competición participarán a selección galega, A.P. Minho, Aveiro e Oporto.

Os horarios dos partidos para o sábado son os seguintes:
11h Selección Galega – A.P. Minho.
12.15h Aveiro – Oporto.
18h Aveiro A.P. Minho.
19.15h Selección Galega – Oporto

Os horarios do partido de cara ao domingo son:
10.30h Oporto – A.P. Minho
11.45h Selección Galega – Aveiro

Este torneo está organizado pola Federación Galega de Patinaxe e o Club AC Hóckey Órdenes, contando coa colaboración do Concello de Ordes.